Volver

VII edición do OUFF Escola

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca, no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), a sétima edición do certame escolar de cinema OUFF Escola. OUFF Escola ten o obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado e que contribúa a xerar espírito crítico.

OUFF Escola ten o obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado e que contribúa a xerar espírito crítico.

Haberá premios para cada unha das categorías así como á mellor fotografía e á mellor música ou canción orixinal.

A inscrición deberá formalizarse antes do 1 de xullo de 2016