X edición do Premio de Narrativa Breve Repsol
A Fundación Repsol, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura escrita en galego, convoca a décima edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. As novelas enviaranse antes do 30 de xullo de 2016, facendo constar no sobre Premio de Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo: Refinaría Repsol A Coruña. Apartado 700. 15080 A Coruña.
Establécese un único premio dotado con 12.000 euros e a publicación da obra pola Editorial Galaxia.