Volver

Lingua de namorar 2017

Resolta a nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o obxectivo deste certame é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Tal e como establecen as bases do concurso, as mensaxes, autores e autoras gañadores foron publicados no web Xuventude.net