VIII Certame de Cinema OUFF Escola

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o VIII Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 22ª edición do Festival de Cine de Ourense, que se celebrará en 2017.

OUFF Escola ten os obxectivos de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado e que contribúa a xerar espírito crítico.

Poderán presentarse curtametraxes en lingua galega de ata 20 minutos de duración. Haberá premios para as dúas categorías establecidas: infantil e primaria, por unha banda, e outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son).

A inscrición deberá formalizarse antes do 3 de xullo de 2017.
 

Traballos premiados no VIII Certame OUFF Escola, que organizan a Concellería de Cultura de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüístia no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense.
 

Categoría “Centros de infantil e primaria”



Categoría “Demais niveis de ensino non universitario”

  • Primeiro premio: Verba, do IES Macías O Namorado
  • Segundo premio: Algo pasa en Guitiriz, do IES Poeta Díaz Castro
  • Premio ao mellor guión: O rumor, do IES Basanta Silva
  • Mención: IES Arzúa
  •  

Documentos relacionados