XXI Premio de Poesía Avelina Valladares

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XXI Premio de Poesía Avelina Valladares.

Os orixinais, inéditos e escritos en lingua galega, deberán ter entre 300 e 800 versos e faranse chegar ao Concello da Estrada antes do 12 de maio de 2017.

Haberá un único premio dotado con 2 000 euros.

Documentos relacionados