XV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coas tres universidades galegas na convocatoria dunha nova edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras.
Participantes
Todos os membros da comunidade universitaria galega ben de xeito individual, ben en grupos.
Modalidades
a) Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
b) Unha idea para a promoción do galego.
As solicitudes presentaranse en calquera dos rexistros das tres universidades galegas e dirixiranse aos respectivos servizos/área de Normalización Lingüística.
Premios
1200 € para a persoa ou grupo que elaboren o deseño dunha campaña normalizadora
800 € para a persoa ou grupo que elaboren a idea para a promoción do galego
Prazo de presentación de proxectos: ata o 25 de outubro de 2018
Documentos relacionados
-
Bases da convocatoria (.pdf) PDF