Volver

I Premio de Novela da Galicia Rural

As propostas serán enviadas antes do 30 de xuño do 2020 e o ditame do xurado farase público no mes de setembro.

Co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «I Premio de Novela da Galicia Rural» para o ano 2020. Trátase dunha convocatoria dirixida tanto autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas, queiran contribuír a poñer en contacto aos lectores e lectoras co presente, o pasado ou o futuro do mundo rural galego.