Volver

V Concurso Balbino de relatos

Técnicas & Gramaxe SL e Edicións Fervenza, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, convocan unha nova edición do Concurso Balbino de Relatos.

O prazo estipulado para remitir o relato ou conxunto de relatos presentados ao concurso finaliza o martes 30 de xuño de 2020. As narracións deberán cumprir unha serie de requisitos formais: estarán escritas en galego cunha extensión entre 100.000 e 180.000 caracteres e a súa temática estará vinculada co rural, co mar ou coa emigración.

A obra gañadora será elixida por un xurado profesional de recoñecido prestixio que darán o fallo no mes de setembro. O autor do relato premiado recibirá un cheque por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.