Volver

Aprazamento do XII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

O Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, considerando que na situación actual non resulta posible levar adiante a presente edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, xa que os centros escolares non poden afrontar o traballo necesario para presentaren propostas, aprobou adiar a celebración da XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fragua, prevista para o bienio 2020-2021, que pasará a celebrarse no bienio 2021-2022.

A convocatoria será realizada, de ser posible, no mes de febreiro de 2021, e publicitada polas canles habituais. O que se comunica para coñecemento dos centros interesados, lamentando as molestias que esta decisión poida causarlles.

Para calquera consulta ou aclaración dirixirse a proxecto@fundacionfraguas.gal