Volver

Vai de Letras

A Consellería do Mar,dentro da campaña Vai de Peixe de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos, organiza un concurso de relatos curtos en galego baixo o nome de Vai de Letras.

Esta acción está dirixida ás mozas e mozos entre 18 e 35 residentes en Galicia que, para participar, deberán completar este texto de inicio: "Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero..."

Os relatos non poderán superar as 150 palabras engadidas á frase inicial, á que se poderá acceder a través das redes sociais e da web de Vai de Peixe.

Os relatos deberán estar escritos en lingua galega e xirar arredor da temática desta campaña. O prazo de participación comezará ás 13:00 horas do 13 de maio e rematará o día 28. Na selección do gañador valorarase a orixinalidade, calidade lingüística e de redacción e a aproximación á temática. A persoa premiada recibirá un lote de libros e un teléfono móbil intelixente.