Volver

Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.

As obras, de tema libre e dirixidas ao público infantil, deberán ser inéditas e co texto en lingua galega.

Establécese un único premio de 2000 €. A obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 25 de febreiro de 2021.