Volver

III Premios de podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos"

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan os III Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria e de secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra de Galicia. Tamén poderá participar o alumnado de 10 a 18 anos de centros públicos do norte de Portugal.

Aceptaranse podscasts orixinais e inéditos de un máximo de 3 minutos de duración relacionados coa vida e a obra de Xela Arias e outros aspectos relacionados co patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do norte de Portugal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de marzo de 2021, día do cabodano de Xela Arias. O prazo de presentación dos traballos remata o 17 de maio de 2021, Día das Letras Galegas.