Volver

I Concurso "Grumetes polo futuro do mar"

O Grupo Nueva Pescanova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador convocan este certame infantil de relatos en galego co obxectivo de promover o uso da lingua propia de Galicia entre as novas xeracións e a concienciación sobre a importancia de protexer os nosos océanos, mares e recursos mariños desde as idades máis temperás.

Con esta convocatoria, convídase os escolares con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos residentes en Galicia a compartiren as súas reflexións a través dun relato dunha páxina de extensión, aproximadamente.

Os participantes poderán enviar as súas creacións ao correo electrónico comunicacion@nuevapescanova.com ata o 25 de abril de 2021.