Volver

II Premio de Novela Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e co patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L, convoca o II Premio de Novela Camiño de Santiago co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.

Ao premio poderán concorrer ata o 15 de setembro de 2021 todos os autores ou autoras que o desexen cunha única novela escrita en galego ou en castelán que teña unha extensión mínima de 200 páxinas e que xire arredor do Camiño de Santiago.

O gañador ou gañadora do premio recibirá 3.000 € e un diploma acreditativo, ademais de ver publicada a súa obra pola Editorial Galaxia.

Establécese tamén un accésit sen dotación económica para a mellor novela presentada en lingua diferente á que obteña o primeiro premio.