Volver

VII Premio Literario Nortear para o ano 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, no marco do programa europeo POCTEP, desenvolven o proxecto Nortear. Entre outras actuacións contempla a realización dun premio literario anual que vai pola súa VII edición no ano 2021.

O premio literario versa sobre o xénero de relato curto e poden participar persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

Ten unha dotación de 3.000 euros para a obra gañadora e será publicada en edición bilingüe galego e portugués cunha tirada de ata 500 exemplares.

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas online ata as 23.59 (hora española) do día 30 de xuño de 2021, a través da Plataforma Nortear https://nortear.gnpaect.eu/candidaturas/.