Volver

X Certame de relatos breves Feiraco

O certame de microrrelato que Feiraco Lácteos SL organiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, fai 10 anos. Por este motivo, para participar haberá que presentar un relato de ata 500 caracteres, orixinal e en galego, que comece coa frase "Hai hoxe 10 anos...". O concurso está dirixido a persoas a partir de 13 anos.

Premios: unha funda-block edición especial Feiraco elaborada pola artesá Cristina Valverde, dona da empresa Coiro Enxebre (1º premio), un moedeiro de coiro fabricado pola mesma artesá (2º e 3º premios), ademais de lotes de libros cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e lotes de produtos Feiraco.