II Certame infantil de artes plásticas Feiraco 2021
Feiraco Lácteos SL e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan, con motivo do Día das Letras Galegas, un certame de artes plásticas con técnica e formato libres e coa temática "Leite con letras".
Haberá dúas categorías de participación (infantil e primaria) e os gañadores ou gañadoras poderán facerse con libros e mais con xoguetes creados por artesáns galegos:
1. Premio Infantil (3-6 anos): Un carricoche de vaquiña fabricado polos artesáns galegos de produtos en madeira propietarios da empresa WOOW Juguetes y Deco, un lote de libros cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e un lote de produtos Feiraco.
2. Premio Primaria (7-12 anos): un pack de tres xogos fabricados en madeira polos mesmos artesáns, un lote de libros cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e un lote de produtos Feiraco.
Propostas gañadoras
Categoría infantil
Sabela Baltasar
Categoría primaria
Jairo e Felipe