Volver

VI Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

A Fundación Xosé Neira Vilas e o Concello de Vila de Cruces, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.

O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionarlle ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e á imaxinación da novela.
O prazo de presentación de orixinais pecha o vindeiro 8 de outubro e o premio entregarase o 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, unha efemérede que, ademais, deu lugar a que, a partir deste 2021, sexa considerado como Día do Lector e da Lectora.

O galardón está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo gañador a cargo de Edicións Embora.