Volver

Convocatoria do IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

Convócase o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!

Características do certame

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5º e 6º curso) e de secundaria de Galicia, e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Florencio Delgado Gurriarán, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.

Establécense os seguintes premios:

- Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade Autónoma.

- Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria de Galicia, doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade Autónoma.