Volver

XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

No mes de maio de 2020, a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 fixo que o Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas acordase o adiamento da XII edición do Proxecto Didáctico que se ía desenvolver no bienio 2020-2021. Controlada a pandemia, e á luz dos novos protocolos aprobados polas autoridades para as actividades educativas e culturais, o Padroado da Fundación aprobou por unanimidade na xuntanza celebrada o pasado mes de decembro, convocar a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas no bienio 2022-2023 co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A convocatoria está encamiñada á realización de pescudas sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico nos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan ensinanzas de educación primaria, ESO ou bacharelato escolares de Galicia. 

O xurado escollerá dúas propostas, unha de ensino primario e outra de ensino secundario, dotadas con 7.000,00 € en cada modalidade, destinados á realización do proxecto e á musealización dos resultados nunha exposición que se fará na sede do Museo do Pobo Galego.

As candidaturas remitiránselle á Fundación Antonio Fraguas Fraguas ata o 20 de maio de 2022.