Volver

I Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a primeira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

Nace o I Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer. Está dirixido a persoas maiores de idade que presenten orixinais inéditos en galego de calquera dos seguintes xéneros, sempre respectando o código de literatura infantil e coas claves de seu que esta comporta: novela, poesía, teatro, álbum ilustrado e novela gráfica.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto entre o 24 de marzo e o 15 de agosto

A resolución do xurado farase pública o 21 de setembro, Día do Alzhéimer.