III Premio de Novela da Galicia Rural
As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2022 e o ditame do xurado farase público no mes de febreiro do 2023.
Co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «III Premio de Novela da Galicia Rural» para o ano 2023.
Trátase dunha convocatoria dirixida tanto autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas, queiran contribuír a poñer en contacto aos lectores e lectoras co presente, o pasado ou o futuro do mundo rural galego.