Volver

Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato

A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2022-2023 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

O Xurado do II Premio Escolar Otero Pedrayo, integrado por Xesús Alonso Montero, Gonzalo Allegue, Andrea Estévez, Estro Montaña e Susana Reboreda acordou:

1. Concederlle o premio ao traballo en grupo ao proxecto titulado “Otero Pedrayo e Ribadeo”, presentado por Ángela Fernández González, Nora Maseda Freije, Lucía Miranda Santamarina, Antón Suárez García, Estela Veiga García e Claudia Vizoso González, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, que traballaron baixo a supervisión dos profesores Suso Fernández Acevedo e Modesto Refojo Alvariño.

2. Conceder o premio individual na categoría de ESO a Patricia Fernanda García Pereira, alumna de 4º de ESO do IES As Barxas de Moaña, polo traballo de animación baseado no relato “O vello e mais o río”.

3. Entregarlle o premio individual na categoría de Bacharelato a Alexandre Faria Léxico, estudante de 1º de Bacharelato no IES Castelao de Vigo, por “O conto número 21”

4. Concederlles accésit a David Martínez Fernández, estudante do IES Aquis Querquernis de Bande; Iago Estévez Vázquez, Ramón Incera González, Nicolás Carballido Sánchez, Miriam Lago Álvarez, Lucía Fernández Rodríguez, Aroa Uribe Vilariño, Yeray Álvarez Sanz, Sandra Santervás Beiro e Lucía Carrera García do IES Castelao de Vigo; Pablo Antelo Paredes, Xulia Arán Paredes, Sara Blanco Rodríguez, Lola Collazo Couto, Cristina Corzón Veres, Lucía López Bello e Ana Vázquez García do IES Isidro Parga Pondal.