XXIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
Poderán participar todas as persoas que o desexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega; e o/a autor/a non fora distinguido/a nas últimas cinco convocatorias do certame.
O prazo para a recepción de orixinais rematará o 1 de outubro do ano 2023 e a decisión do xurado darase a coñecer no transcurso do mes de decembro.
Documentos relacionados
-
Bases PDF