XVII Premio de Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo sétima edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.

As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120.

Deberán enviarse antes do 31 de xullo de 2023, facendo constar no sobre "Premio de Narrativa Breve Repsol", ao seguinte enderezo:

Complexo industrial Repsol A Coruña

Apartado de correos 700

15080 A Coruña

Documentos relacionados