Volver

Resolución da convocatoria do Concurso - Exposición sobre Luísa Villalta. Letras Galegas 2024

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Resolución

Unha vez recibido o ditame da Comisión de Selección, que valorou os traballos presentados de acordo cos criterios de selección establecidos na base 11 da convocatoria, resolve:

  1. Agradecerlles a todos os centros participantes o seu traballo e esforzo.
  2. Declarar gañador do concurso na categoría A a exposición Tatuada na pétrea pel do mar, elaborada polo CEIP Raquel Camacho, da Coruña, que recibirá o premio establecido na base 4.
  3. Declarar gañador do concurso na categoría B a exposición Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta Gómez, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense, que recibirá o premio establecido na base 4.

Convocatoria

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.

Categoría A: educación infantil e primaria

Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €. O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 19 de xaneiro de 2024.