Volver

Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato

A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2023-2024 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

Poderá participar calquera estudante ou grupo de estudantes de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, matriculados nun centro de Galicia no presente curso académico.

Categorías e participación

Individual:

  • Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes da ESO.
  • Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes de Bacharelato.

De grupo:

  • Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes da ESO.
  • Premio ao mellor traballo escrito ou audiovisual realizado por estudantes de Bacharelato.

Tipos de traballos

Poderase participar con calquera tipo de traballo sempre que estea centrado na vida ou na obra de Ramón Otero Pedrayo. Os escolares poderán escoller unha obra concreta, algún aspecto da súa biografía, comentar algún texto e mesmo realizar traballos artísticos.

Prazo de participación

Rematerá o 30 de marzo de 2024.

Máis información

Teléfono 988 281 139

Correo electrónico: fundacion.otero.pedrayo@gmail.com