Volver

I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

A Secretaría Xeral da Lingua, a Fundación Xosé Neira Vilas e a Editorial Galaxia convocan a primeira edición deste certame literario.

Convocatoria

Poderán concorrer as autoras e autores que presenten os orixinais escritos en lingua galega de obras de creación literaria adscritas ao xénero de novela e dirixidas ao lectorado xuvenil. As obras deberán ser inéditas en todos os formatos, xa sexa na súa totalidade ou parcialmente, e non premiadas con anterioridade ou simultaneidade en ningún outro certame. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 caracteres e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexible esta condición, conforme á calidade da obra seleccionada.

O prazo de presentación remata o 3 de novembro de 2024.