Volver

Concurso de debuxo "200 aniversario da Policía Nacional"

A Comisaría Provincial de Lugo, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, convoca o Concurso de Debuxo "200 Aniversario da Policía Nacional", un certame aberto a todo o alumnado dos centros de educación primaria e educación especial da provincia lucense.

Os traballos presentados deberán conter unhas liñas en lingua galega que describan o contido do debuxo. Outorgaranse tres premios por categoría e un diploma acreditativo.

O prazo de presentación remata o 20 de novembro de 2024.