Convocatoria do concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2025/2026
A Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2025/2026.
Concurso:
Establécense catro categorías, con cadanseu premio:
- Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
- Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
- Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria
- Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria
Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.
Aos colexios entregaráselles, ademais dun lote de libros, un contrasinal de entrada a unha plataforma de contidos dixitais en galego para poder acceder aos álbums ilustrados durante o curso 2025-2026.
Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! No marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os outros centros de titularidade pública que non estean en Proxecta, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Portal da lingua galega. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de abril de 2026.
Nesta edición, as curtas débense basear nalgún dos seguintes libros en galego, de OQO editora, que se lles enviaron tanto aos centros educativos participantes no programa como aos que o fixeron de forma libre no certame (libros que recollen nas súas sobrecubertas unha ilustración para pintar e un código QR que nos leva á súa adaptación cinematográfica):
A mellor sopa do mundo, Susanna Isern e Mar Ferrero
O soño do osiño rosa, Roberto Aliaga e Helga Bransch
Hai alguén máis feroz ca min?, Hugo Fernandes e Zé Carlos Pinto
Mago Rosa, Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh
Que roubo máis boubo!, Emma S. Varela e Graziella Troncatti
E que podo facer eu?, José Campanari e Jesús Cisneros
Algo pasa na casa do lobo, Susanna Isern e Ayesha L. Rubio
Nariz de ouro, Raquel Saiz e Juliana Bollini
A voda do galo pinto, Juan Alfonso Belmontes e Natalie Pudalov
O sultán e os ratos, Joan de Boer e Txell Darné
A árbore tan pouco árbore, Miguel A. Pérez Arteaga
Diona, Juan Senís e Óscar Sabini
Listaxe de centros públicos admitidos no certame Nós tamén creamos! para o curso académico 2025/2026
Ademais dos centros de titularidade pública admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta 2025-2026, que quedan inscritos de oficio no certame, participan neste os seguintes centros públicos que presentaron a solicitude no prazo correspondente:
- CEIP Plurilingüe de Guillarei
- CEIP de Viñagrande-Deiro
- CEIP Princesa de España
- CEIP Plurilingüe de Bragade
- CEIP Plurilingüe de Palmeira
- CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera
- CPI Ponte Carreira
- CPI do Feal
- EEI Vila Laura