XIV Certame de Microrrelatos Feiraco
Un ano máis, coincidindo coas Letras Galegas, a Secretaría Xeral da Lingua e Feiraco Lácteos SL convocan o XIV Certame de Microrrelatos co fin de promover o coñecemento, uso e divulgación do galego desde o eido económico.
Feiraco decidiu este ano homenaxear a figura e o legado de Begoña Caamaño, poñendo en valor o seu impacto literario e ideolóxico. Así, o certame titúlase “Vai de mulleres” e convida a crear unha historia situada en Galicia e protagonizada por mulleres.
As persoas participantes terán entre o 13 de abril e o 17 de maio para subir á páxina web os seus relatos.
Premios
- 1º premio: cadro con lámina ilustrada, 4 libros, lote de produtos FEIRACO, bolsa FEIRACO e marcapáxinas
- 2º premio: 2 libros, lote de produtos FEIRACO, bolsa FEIRACO e marcapáxinas
- 3º premio: 1 libro, lote de produtos FEIRACO, bolsa FEIRACO e marcapáxinas