Volver

Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 1: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse o día 1 de xuño de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 1

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse o día 26 de maio de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse o día 25 de maio de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse os días 18 e 19 de maio de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria de probas

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (14 de marzo a 5 de abril de 2024).