Proposta provisional de axudas aos proxectos de fomento do galego dos centros públicos
Resolución do 23 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500A).
Resolución provisional da convocatoria
Publicado o 20.04.2026
Proposta provisional de resolución das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2025/26 (PL500A)
Proposta provisional de resolución
Provincia da Coruña
Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos
Provincia de Lugo
Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos
Provincia de Ourense
Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos
Provincia de Pontevedra
Listaxe coa puntuación e financiamento de proxectos admitidos
NOTA: O prazo para presentar alegacións remata o día 8 de maio (incluído).
Convocatoria
1. Obxecto.
A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500A), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.
As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
2. Persoas destinatarias.
Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.
Prazo de presentación de solicitudes
Do 14.01.2026 ao 13.02.2026
Normativas relacionadas
- Convocatoria Ligazón ao DOG