Proposta provisional de subvencións a proxectos de fomento do galego en centros privados
ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500B).
Resolución provisional da convocatoria
Publicado o 20.04.2026
Proposta provisional de resolución das subvencións aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2025/26 (PL500B)
Provincia da Coruña
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
Provincia de Lugo
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
Provincia de Ourense
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
Provincia de Pontevedra
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
NOTA: O prazo para presentar alegacións remata o día 5 de maio (incluído).
Convocatoria
1. Obxecto.
O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de ensino privados de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2025/26 (PL500B). As subvencións reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados. En todo caso, a suma das contías recibidas non pode superar o 100 % do custo total das actividades do proxecto.
2. Persoas beneficiarias.
Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos e as obrigas sinaladas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Do 14.01.2026 ao 13.02.2026
Normativas relacionadas
- Orde de convocatoria de subvencións para o fomento do galego a centros privados Ligazón ao DOG
- Extracto da orde Ligazón ao DOG