Convocatoria de axudas 2026 para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares non universitarios

ORDE do 7 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400B).

Liña de axudas destinada á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina durante este ano 300.000 euros.

O obxectivo da convocatoria, é establecer axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios, segundo establece a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro (código de procedemento administrativo PL400B).

Poderán solicitar estas subvencións as empresas mercantís do sector editorial que elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Normativas relacionadas

Enlaces relacionados