Volver

IV Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

A asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, convoca a cuarta edición edición deste premio de literatura infantil destinado a concienciar sobre a enfermidade do Alzhéimer e outras doenzas varias que implican a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade, así como establecer vínculos a través da literatura entre as distintas xeracións.

Poderanse presentar a este certame textos orixinais e inéditos escritos en lingua galega e pertencentes a calquera xénero da literatura infantil (novela, poesía, teatro, álbum ilustrado, banda deseñada e novela gráfica).

O premio consisten en 3000 € e a publicación da obra seleccionada, que Agadea se compromete a difundir nas bibliotecas de diversos colexios.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 6 de febreiro e remata o 1 de xullo de 2015.