Proposta definitiva de resolución das subvencións a proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500B).
Resolución definitiva
RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se conceden as subvencións aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, referidas ao curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500B).
Ampliación de prazo de xustificación
RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500B).
Proposta provisional de resolución
Provincia da Coruña
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
Provincia de Lugo
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
Provincia de Ourense
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
Provincia de Pontevedra
Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida
NOTA: O prazo para presentar alegacións remata o día 27 de maio (incluído).
Convocatoria
1. Obxecto.
O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2023/24 (PL500B). As subvencións reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados. En todo caso, a suma das contías recibidas non pode superar o 100 % do custo total das actividades do proxecto.
2. Persoas destinatarias.
Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde. As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos e as obrigas sinaladas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Do 16.01.2024 ao 15.02.2024