Volver

Voda en galego

Textos extraídos do Libro de Casamentos Civís (Xunta de Galicia, 2001), baseado no texto de 'O matrimonio', de Xaquín Monteagudo Romero.

Voda civil

O alcalde, alcaldesa ou concelleiros que leven a cerimonia do casamento terán que abrir o acto e darlles a benvida tanto aos contraentes como ao público.

Benvida do casamento civil

Despois, poden iniciarse diferentes quendas de fala. Poderíase establecer que o representante do concello faga unha introdución ao significado do matrimonio.

Do mesmo xeito, un dos familiares ou dos amigos dos contraentes poderá ler uns textos festivos, que consignen a felicidade que experimentan todos os reunidos. A continuación, terá lugar o momento máis importante da cerimonia. O representante do concello que realice a cerimonia deberá ler os artigos 66, 67 e 68 do Código Civil, que conteñen a regulación esencial dos dereitos e deberes dos cónxuxes.

  • Artigo 66. Os cónxuxes  son iguais en dereitos e deberes.
  • Artigo 67. Os cónxuxes débense respectar e axudar mutuamente e actuar en interese da familia.
  • Artigo 68. Os cónxuxes están obrigados a vivir xuntos, gardarse fidelidade e socorrerse mutuamente. Deberán, ademais, compartir as responsabilidades domésticas e o coidado e atención de ascendentes e descendentes e doutras persoas dependentes ao seu cargo.

Guión de boda

Pódese pensar tamén nunha música para conducir o acto, xa que é un elemento moi emotivo.

En calquera caso, non debería estar a un volume demasiado alto, nin ser de carácter discordante.

É tradicional nos casamentos a Marcha nupcial de Mendelssohn, mais tamén temos entre as nosas músicas pezas moi fermosas, coma a Marcha do Antigo Reino, a Alborada de Pascual Veiga, ou moitas das obras do pontearén Roxelio Groba.