APROBACIÓN DO PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2026

Con data do 7 de outubro de 2026 o Parlamento de Galicia aprobou o Plan xeral de normalización da lingua galega. O texto definitivo, aprobado por maioría de dous terzos da Cámara galega, inclúe o traballo técnico, coordinado polo académico Manuel González, que ten en conta a nova realidade social e demográfica de Galicia con iniciativas específicas para favorecer o emprego do noso idioma entre toda a sociedade.

O documento definitivo, que recompila case 700 medidas, é froito dun proceso aberto e participativo que inclúe o traballo dos máis de 130 profesionais de recoñecido prestixio que participaron nas 11 comisións, así como das máis de 1400 achegas recibidas por parte de entidades, institucións, asociacións e particulares a través dos máis de 400 contactos, da caixa virtual que se puxo a disposición da cidadanía e do acordo acadado ao abeiro da negociación coas formacións políticas.

Documentos relacionados

  • Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega 2026 PDF