O galego, a chave da ciencia

Centro: IES de Rodeira, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2016 - 2017
Aprendendo a coidar o monte comunal de Coiro
Aprendendo a coidar o monte comunal de Coiro
No IES de Rodeira, o EDLG, en colaboración co departamento de Física e Química, organizou unha xornada científica na que o alumnado de 4.º da ESO e 2.º de bacharelato se encargou de realizar diferentes experimentos baixo a atenta mirada do profesorado e doutros compañeiros e compañeiras: os fenómenos ondulatorios da luz, a indución electromagnética, a presión nos fluídos, as características dos fluídos non newtonianos, os polímeros, os cambios de cor nas reaccións químicas. Velaquí podedes ver algúns deles:

Enlaces relacionados