Dígocho eu

Centro: CEIP Plurilingüe A Pedra, Bueu (Pontevedra)
Curso: 2019-2020

O alumnado de 1º do CEIP A Pedra, animado pola presentadora do programa Dígocho eu! da TVG, quixo facer un seu, para ensinar a empregar palabras galegas relacionadas co Samaín, o Magosto e o Outono. Ademais, interpretárono en lingua de signos. Son súas tamén as ilustracións empregadas para decorar o fondo, pois a gravación está realizada coa técnica croma. Esperamos que vos guste e que aprendades moito galego.

Enlaces relacionados