Panxoliñas "Cantámosche os Reis", "Cando é Nadal"

Centro: CEIP San Clemente de César, Caldas de Reis (Pontevedra)
Curso: 2018/2019
Os nenos e as nenas do CEIP San Clemente de César reuníronse para cantaren os Reis con cancións creadas co seu profesor de Música. Daquela o tempo impediulles ir polas aldeas. Agora podería facer o mesmo a pandemia, pero as súas voces non están dispostas a calar e máis cando teñen o orgullo de teren o premio da Canción de Nadal da CRTVG. Esperamos que axiña poidades cantar con eles e elas, xa que están a preparar a versión karaoke!

Enlaces relacionados