Día das Artes Galegas: Martín Codax

Centro: CEIP Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Para conmemorar o Día das Artes Galegas, no CEIP Espiñeira- Aldán festexaron a figura do poeta e trobador galego Martín Codax creando o seu propio pergamiño "Espiñeirel" con códigos QR e agasallaron as familias con el.

Cada nivel traballou e interpretou unha das sete cantigas do autor, despois de a adaptar ao retrouso dunha canción actual elixida polo alumnado.

Enlaces relacionados