Mes da Ciencia en Galego

Centro: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Nestas datas de outono son moitos os centros que organizan actividades para promover o uso do galego no eido científico.

No CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, o Equipo de Biblioteca, en colaboración co EDLG, programou experimentos sobre temas tan diversos como os matices das cores, os graos de oxidación dunha mazá ou as características dos planetas Terra e Marte.

Enlaces relacionados