Caldo para un saboroso ano

Centro: CEIP O Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

Na comunidade educativa do colexio O Piñeiriño dispuxérono todo para elaboraren un caldo especial de benvida ao novo ano. Deste xeito foron introducindo no pote da súa lareira os ingredientes indispensables para degustarmos un saboroso Aninovo: dende moreas de palabras cálidas para días fríos ata quilos de emocións para alegrar os corazóns ou toneladas de solidariedade para gañar en humanidade.

Enlaces relacionados