Os poemas de Rosalía cantados pola intelixencia artificial

Centro: IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

A profesora Marisa Moreda, do IES Castro Alobre, propúxolles a dous alumnos que creasen un produto de divulgación da obra rosaliana a partir da intelixencia artificial. Así xurdiron estas 5 cancións nas que Bad Bunny lle pon voz ao poema "Adiós ríos, adiós fontes"; Rosalía a "Así mo pediron"; Feid a "Por que me odias?" e Enrique Iglesias a "Unha vez tiven un cravo". Este mesmo texto é interpretado por Walter Alejandro, que xa manifestou que o incluirá nos seus próximos concertos.

Velaquí a fusión de dous mundos aparentemente distantes que fai chegar a nosa autora a un público actual e amplo.

Enlaces relacionados