Aquí tamén se fala, na aula hospitalaria do CHUAC

Centro: IES Rafael Dieste, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Moitas son as emocións vividas nos últimos tempos polo equipo promotor da campaña Aquí tamén se fala, pero ningunha comparable á experimentada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. Un piloto imperial, un garda do emperador, Darth Vader, un soldado de asalto, un capitán do imperio, Darth Revan, un jawa de Tatoonie, o droide R5-J2 e mais o alumnado e os profesionais da aula hospitalaria do centro sanitario tamén se sumaron a esta singular iniciativa.

Enlaces relacionados