Inscricións funerarias

Centro: IES Agra de Raíces, Cee (A Coruña), IES Perdouro, Burela (Lugo)
Curso: 2023-2024

Entrevista radiofónica a Álex Quintáns na que este alumno do IES Agra de Raíces nos describe como levou a cabo un interesantísimo traballo de campo na procura de inscricións funerarias en varios cemiterios da Costa da Morte.

A experiencia parte do Proxecto Neo promovido por Bernardo Penabade en Burela e trasladada a outras localidades como Cee polo docente Alberto Pombo. A través das respostas ás preguntas formuladas por Penabade, coñeceremos como se desenvolveu todo o proceso e as conclusións que se poden extraer desta singular iniciativa.

No mesmo programa fáiselle unha emotiva homenaxe á señora Lucía Miguéns Coiradas, destinataria dun poema que loce nunha das lápidas localizadas por Álex, e que será comentado por unha sobriña súa.

Parabéns a Bernardo, Alberto e, sobre todo, a Álex e aos seus familiares por compartir este suceso e contribuír ao espallamento da lingua galega, tamén no ámbito funerario.

Enlaces relacionados