Cantos de reis no centro de día

Centro: IES Monte das Moas, CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O Nadal chegou este ano con adianto para os maiores do Centro de Día do Castrillón. As actividades que lles organizaron as alumnas e os alumnos do IES Monte das Moas e do CEIP Fernández Latorre (dramatizacións, xogos populares, cantos…) foron acollidas con emoción polas persoas asistentes e, de seguro, tamén será un momento inesquecible para todo o alumnado participante nesta fermosa iniciativa.

Enlaces relacionados