21 de marzo, Día da Poesía

Centro: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Curso: 2024-2025

No blog Moito conto atopamos este breve recitado do alumnado de 5º de educación infantil do CEIP Xesús San Luís Romero. Os poemas escollidos, de Antonio García Teijeiro e Xosé Lois García, respectivamente, tamén aparecen expresados en pictogramas para que sexan accesibles ao alumnado con dificultades de comunicación. Unha entrañable iniciativa do EDLG deste centro de Carballo para conmemorar o vindeiro 21 de marzo, Día da Poesía.